AGORA MESMO A SITUACION ESTA COMPLICADA,TEMOS MOITAS GANAS DE FACER ALGO CON TODA ESTA IDEA, PERO ENTRE OS CUSTES DE SEGUROS E A CONFIRMACION DE POUCA XENTE ATA O DE AGORA, FAINOS PENSAR EN APRAZAR A ACTIVIDADE. AGARDAMOS QUE A XENTE SE APUNTE E APORTE IDEAS, ASI IREMOS COORDINANDO AS COUSAS CON MAIS TEMPO, CALQUERA OPINION E AXUDA SERA BEN RECIBIDA. GRACIAS A TOD@S!!

arteFacto

Non é unha nova idea, non é nosa nin de ninguén, non é especialmente orixinal. Mais é boa.

Entendemos a rúa como un espacio para habitar, compartir e amosarnos. A rúa non é so lugar de tránsito entre o traballo e o fogar. A rúa, o espacio público, é unha posibilidade para relacionarse e disfrutar. Tamén para amosar as nosas capacidades, habilidades ou creatividade. As ganas de divertirse. Un “todo vale”, sana actitude de levar a todos o que normalmente non levaríamos, sempre co límite imposto polo sentido común. Non é momento de reivindicacións, lucro o promoción. Non é un acto político, é poético.


Xuño 2011:

O longo dun día, da mañá á noite, ocuparanse varias rúas de Vigo, peonís, sen entorpecer tránsito de persoas, vehículos, evitando barreras arquitectónicas. Cheando a xornada de actividades, actuacións, xogos, performances… Moitos ó mesmo tempo, en diferentes ubicacións.


Participantes:

Despois do escrito nestas liñas, aclaramos, se é necesario, que todos temos cabida. Todas as edades, condicións, iniciativas, persoas, grupos… Os límites, repetimos, veñen impostos polo sentido común e co compromiso de non ferir sensibilidades, agredir ou ofender a ninguna persoa o idea.

Exemplos de actividades que levamos a rúa en experiencias previas:

Tai Chi, hip-hop, música, pintura, graffiti, mimo, monicreques, teatro, obradoiros de xogos tradicionais, voleibol, malabares, reparto apertas, percusión, poesía, adopción de animais, danza do ventre, mercados de troco, escultura, repartos de froita, bookcrossing…

Por suposto, moitos dos participantes pertencen a asociación, entidades ou grupos de todo tipo, outros son persoas, particulares que súmanse as ideas de outros ou aportan a súa propia.

Esperamos moitas ideas e ganas de pasalo ben, de compartir, experimentar.